QUE FACEMOS?


Coñece o noso traballo

A Sociedade Xuvenil Galega de Química é unha asociación xuvenil sen ánimo de lucro que promove a divulgación da ciencia, cun foco especial na química, empregando a nosa lingua. Entre os nosos obxectivos está espertar a curiosidade científica nos máis cativos e contribuír á erradicación da quimiofobia tan estendida na nosa sociedade.

Fundada no 2016 por un pequeno grupo de amigos, a SXGQ conta hoxe con máis de 50 membros, entre estudantes de grao, máster e doutoramento, unidos pola paixón pola divulgación. Na nosa comunidade non só hai químicos; tamén contamos con biólogos, farmacéuticos e outros perfís que enriquecen o noso proxecto.

Desde a nosa sede en Santiago de Compostela, viaxamos por toda Galicia para achegar a química á sociedade. Levamos obradoiros a colexios e institutos, así como a feiras científicas. Nestes eventos, montamos o noso tenderete con múltiples experiencias científicas para tódolos públicos. Podes explorar tódolos lugares onde deixamos pegada no noso mapa interactivo!

Os nosos valores

A filosofía da SXGQ baséase en tres piares fundamentais:

  • Divulgación científica. Achegar a química á sociedade, dende a infancia ata a idade adulta, fomentando o pensamento crítico e superando prexuízos como a quimiofobia.
  • Ciencia en galego. Destacar a calidade da investigación feita en Galicia e demostrar que se pode divulgar en galego con excelencia.
  • A muller na ciencia. Recoñecer e visibilizar o papel das mulleres que abriron camiño na ciencia, inspirando ás novas xeracións.

Queres formar parte do noso equipo? Simplemente envía un email presentándote!

Contacta connosco

QUEN SOMOS?


Descobre a nosa estrutura!

Na SXGQ, tódalas persoas membros compartimos unha paixón común pola química e pola divulgación científica. A maioría somos estudantes universitarias, unidas por uns intereses comúns: a ciencia e a nosa lingua, o galego!

Cada ano, novas persoas interesadas en aprender e colaborar únense á nosa iniciativa, onde cada integrante desempeña un rol esencial. Estruturámonos en grupos de traballo, guiados pola directiva, para alcanzar as nosas metas e facer que cada proxecto sexa único.

Queres coñecer á actual directiva?

...

Yeray Folgar

Presidente

Estudante de doutoramento sobre química biolóxica no CiQUS (USC), a miña investigación céntrase na entrega de compostos bioactivos a células. Apaixóname a divulgación científica e, no meu tempo libre, disfruto do mergullo e da ilustración!

...

Uxía Barreiro

Vicepresidenta

Graduada Química pola USC e estudante de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química, centrada no estudo de arquitecturas metalosupramoleculares. Ademais, no meu tempo libre gústame estudar linguas, a respostería e a música.

...

Patricia Fulias

Secretaria

Estudante de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química na USC. O meu traballo céntrase no desenvolvemento de novos fluoróforos e no estudo de transportadores celulares no CiQUS. No meu tempo libre gústame bailar, aprender sobre política social e fedellar no mundo da repostería.

...

Ana Seijas

Tesoureira

Tras rematar o dobre grao en Bioloxía e Química saltei a un mestrado de Nanobiofotónica Molecular. Encántame pasar tempo cacharreando no laboratorio. Gústame achegar a ciencia á sociedade, e tamén son unha apaixonada da natureza e da fotografía.

...

Ana Castiñeira

Vogal

Graduada en Química e cun mestrado en Investigación Química, ambos pola USC. Actualmente, son estudante de doutoramento na área de Química Analítica, compaxinando esta formación co mestrado de Profesorado en Ciencias Experimentais. No meu tempo libre, gústame viaxar e compartir momentos coas miñas amizades.

...

Irene Vázquez

Vogal

Graduada en Química pola UVigo e cun mestrado en Investigación Química pola USC. Actualmente son estudante de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química na área da Química Inorgánica. No meu tempo libre gústame ler, escoitar música e a fotografía.

...

Paula Domínguez

Vogal

Graduada en Química pola USC, realicei un Máster en Investigación Química e Química Industrial. Actualmente, estou a realizar o doutoramento no programa de Ciencia e Tecnoloxía Química, na área de Química Inorgánica. No meu tempo libre, disfruto coa música, a natureza e as series.

...

Sergio Serantes

Vogal

Graduado en Bioloxía e Química pola USC, e cun mestrado en Biotecnoloxía Molecular pola Universidade de Barcelona. Nestos momentos son estudante de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química, avaliando as propiedades antitumorais de estruturas peptídicas supramoleculares.

...

...e moitas máis!

A directiva cumpre un rol esencial na coordinación, pero no laboratorio e nas actividades tódolos membros contribuímos por igual. A SXGQ destaca por ser unha comunidade diversa e acolledora, onde é posible colaborar a gusto, aprender unha chea de cousas e desfrutar dunha experiencia única!


Queres coñecer aos membros das anteriores Directivas?

A nosa historia

GALERÍA


Aquí atoparás unha mostra das nosas actividades e momentos compartidos. Explora as imaxes e descobre o que facemos!

Obradoiros en colexios: inspirando futuros científicos

Feiras científicas: a química ao alcance de todos

Eventos e actividades: vivencias que conectan ciencia e sociedade

Asembleas: traballando xuntos por un obxectivo común

DIFUSIÓN


A soci na prensa: as nosas aparicións nos medios.


...
Blog

Obradoiro da Semana da Ciencia no IES Ponte Caldelas

O alumnado de 3° ESO e 4° ESO participou nun obradoiro de química impartido pola Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ), dirixido por tres estudantes de doutorado do departamento de Química Inorgánica, da USC.

Ver máis...
...
Prensa

‘Movidote científico’, divulgación no barrio de San Pedro

A xornada deste sábado é especialmente intensa no barrio de San Pedro, pois de 10 a 23 desenvólvense entre a praza 8 de Marzo, Don Bosco e a Casa do Taberneiro unha serie de actividades destinadas á divulgación da ciencia.

Ver máis...
...
Prensa

A Noite Europea das Persoas Investigadoras reuniu a decenas de lucenses na Praza e o Mercado Municipal, co apoio do Concello

A iniciativa, impulsada polo Campus Terra coa colaboración do centro Europe Direct Lugo, incluíu obradoiros lúdicos e de balde sobre temáticas científicas e tecnolóxicas.

Ver máis...
...
Prensa

La G-Night demuestra la dureza que puede lograrse mezclando harina con agua

La actividad consistió en dar a conocer la actividad investigadora a través de una veintena de juegos y talleres repartida entre la Praza de Abastos y el Mercado de Lugo.

Ver máis...
...
Prensa

O relevo xeracional, os coidados ou o financiamento, entre os retos de futuro no asociacionismo cultural

O relevo xeracional, a busca de novos espazos nas propias estruturas para as mulleres e a xente nova, a importancia de colocar os coidados no centro ou a necesidade de diminuír a dependencia económica das subvencións públicas. Son algúns dos retos de futuro do tecido asociativo cultural galego, que este pasado sábado reuniu parte dos seus colectivos nunha xuntanza, ‘O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG‘, impulsada polo Museo do Pobo Galego.

Ver máis...
...
Prensa

O Museo do Pobo reúne unha trintena de asociacións no encontro O futuro dun legado

Co título "O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG", o Museo do Pobo Galego reúne este sábado 1 de xuño unha trintena de asociacións.

Ver máis...
...
Oficial

Visita á facultade coa colaboración da SXGQ

Unha visita á Facultade de Química da USC da man da SXGQ como parte do programa A Ponte.

Ver máis...
...
Blog

Obradoiro co Club de Ciencia

A SXGQ visita ao Club de Ciencia do IES Eduardo Pondal.

Ver máis...

...
Oficial

Obradoiros da Sociedade Xuvenil Galega de Química no IES de Sar

Este luns tivemos a sorte de ter no centro a membros da Sociedade Xuvenil Galega de Química para impartir uns obradoiros aos que asistiu o alumnado de 1º da ESO C e 2º de Bacharelato que cursan Xeoloxía. Fixeron experimentos e demostracións coas que aprendemos moito.

Ver máis...
...
Podcast

La ciencia es femenino 7x2. Especial Open Science Cambre 2023

Las mujeres y la ciencia han estado juntas desde el principio de los tiempos, pero han empezado a figurar en los libros y para el gran público hace muy poco. Hay omisiones imperdonables en los libros de texto. En este programa de radio entrevistamos y damos voz a las científicas gallegas que trabajan hoy en la ciencia.

Ver máis...
...
Podcast

La ciencia es femenino 6x20. Cullerciencia 2023

Las mujeres y la ciencia han estado juntas desde el principio de los tiempos, pero han empezado a figurar en los libros y para el gran público hace muy poco. Hay omisiones imperdonables en los libros de texto. En este programa de radio entrevistamos y damos voz a las científicas gallegas que trabajan hoy en la ciencia.

Ver máis...
...
Artigo científico

Sociedade Xuvenil Galega de Química: como vemos a ciencia?

Dende idades moi temperás estamos rodeados de estímulos que nos inflúen nas decisións que tomamos. É moi sinxelo atopar nenas e nenos que deciden ser cantantes, dedicarse ao mundo do deporte ou da medicina, mais pola contra, moi poucos son os que teñen claro que queren formar parte do mundo da ciencia.

Ver máis...
...
Prensa

Manos en la masa... ¡Y en la química!

Estudiantes del instituto Monte Neme de Carballo participaron en un obradoiro impartido por la Sociedade Xuvenil Galega de Química y aprendieron interesantes curiosidades sobre cosas tan cotidianas como los fuegos artificiales o el PH de la lejía.

Ver máis...

...
Blog

Facemos experimentos cos integrantes da “Sociedade Xuvenil Galega de Química”

Os mozos e as mozas (estudantes e científicas) da asociación amosaron ao alumnado de 4º de ESO e 2ª de Bach. unha serie de experimentos relacionados coa química e coa vida cotiadiana.

Ver máis...
...
Televisión

Xornada de portas abertas en centros de investigación da USC

Catro centros de investigación da Universidade de Santiago abriron as portas ao público este sábado para celebrar a sexta edición de Ciencia Singular.

Ver máis...
...
Oficial

Obradoiros da SXGQ no IES do Milladoiro

O pasado venres, 11 de febreiro, o Departamento de Física e Química do noso centro organizou uns obradoiros dirixidos ao alumnado de 3º da ESO, co gallo do Día Internacional da muller e a nena na Ciencia

Ver máis...

...
Prensa

Entereime do premio porque me chegaron as mensaxes dos compañeiros de Santiago

Cando se graduou en Química pola USC, e máis tarde se doutorou, David Fernández pouco podía imaxinar que o destino, e o seu incansable labor, o colocarían no equipo dun premio Nobel.

Ver máis...
...
Prensa

Un científico lucense no equipo do novo Nobel de Química

David F. Fernández, doutor en Química pola USC, traballa como investigador posdoutoral no laboratorio de David MacMillan, en Princeton.

Ver máis...

...
Prensa

Vinte nomes da divulgación da ciencia en galego na rede que debes coñecer

Escolma de entidades e iniciativas que dan a coñecer a ciencia mediante a nosa lingua na rede.

Ver máis...

...
Prensa

Elemental, querida Deborah

Estudiantes e investigadores de la USC promueven la celebración del Año Internacional de la Tabla Periódica, ese mapa de lo conocido contenido en 118 nombres.

Ver máis...
...
Prensa

Charla sobre a táboa periódica na Facultade de Química

Coincidindo co 150 aniversario da táboa periódica dos elementos, a Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ) organiza en colaboración coa Real Sociedade Española de Química (RSEQ) e coa Facultade de Química unha serie de actividade conmemorativas desta efeméride.

Ver máis...
...
Blog

Roteiro Químico por Santiago

Onte disfrutando no Roteiro Químico por Santiago organizado pola Sociedade Xuvenil Galega de Química. Divertida e enriquecedora experiencia.

Ver máis...
...
Blog

Jornada de experimentos y realidad virtual en Galicia

La Facultad de Química de la USC y la Sociedade Xuvenil Galega de Química organizaron el pasado sábado 19 de octubre un taller interactivo enmarcado en el Año Internacional de la Tabla Periódica de los Elementos (AITP).

Ver máis...
...
Oficial

La química coma nunca la has visto

Esta jornada de puertas abiertas se celebra con motivo del 150 aniversario de la Tabla Periódica. Durante el taller habrá experimentos y actividades de realidad virtual para toda la familia. El evento se organiza en colaboración que Sociedade Xuvenil Gallega de Química y el Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Ver máis...

...
Blog

VII curso de divulgación: Química, la Ciencia que envuelve nuestra vida

Curso teórico de 30 horas de duración, que incluye sesiones de conferencias, mesas redondas, talleres interactivos y visitas a industrias e Instituciones relacionadas con las temáticas tratadas.

Ver máis...
...
Oficial

La Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ), primer premio en divulgación científica

La asociación integrada por personal investigador del CiQUS y estudiantes de Química y Farmacia de las universidades de Santiago y Vigo recibe el primer premio de divulgación en la ‘Maker Faire Galicia’, un encuentro que aúna ciencia, artes e innovación.

Ver máis...

...
Prensa

Ames acolle este venres unha mostra de proxectos Maker a cargo dunha ducia de firmas galegas

Ames (A Coruña) é este venres a capital galega da tecnoloxía universal e aberta. É dicir, de todo aquilo que nos pode axudar a converternos, teñamos o coñecementos e a experiencia que teñamos, en creadores propiamente ditos de tecnoloxías, amais de usuarios de divulgadores.

Ver máis...
...
Blog

Experimentamos coa química

Grazas á Sociedade Xuvenil Galega de Química todos os nenos e nenas do cole puideron aprender un pouco máis dos procesos químicos e a súa utilidade na vida diaria.

Ver máis...
...
Prensa

Maker Faire Galicia: sabios inventores buscan su sitio

Robots, androides, bicis de bambú o el monoplaza de la Universidad de Vigo comparten escaparate en la feria que se celebra este fin de semana en el Palacio de Congresos de Santiago.

Ver máis...
...
Podcast

Artesanía y ciencia se dan la mano en Maker Faire Galicia

Ocarinas artesanas, experimentos con ADN, textiles y mimbres se dieron cita en la Palacio de Congresos de Santiago de Compostela para celebrar la Maker Faire Galicia. Durante los días 1 y 2 de Octubre tuvimos la oportunidad de entrevistar a todo tipo de Makers desde divulgadores científicos, a miembros de las comunidades gallegas o a artesanos que mezclan sus invenciones con la tecnología de forma natural.

Ver máis...
...
Blog

Chega o Encontro Anual de Divulgacción!

O vindeiro sábado 29 de outubro celebramos en A Coruña o noso Encontro Anual. O programa da xornada inclúe unha parte exclusiva para socios e toda unha tarde de interesantísimas charlas aberta ao público de entrada libre.

Ver máis...
...
Prensa

Divulgacción enche de charlas e obradoiros de ciencia o Muncyt da Coruña

A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica, Divulgacción, celebra este sábado, 29 de outubro, o seu encontro anual na sede do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt) da Coruña.

Ver máis...
...
Prensa

Sociedade Xuvenil Galega de Química

En fechas recientes se constituyó la Sociedade Xuvenil Galega de Química con un acto celebrado en la Facultad de Química de la Universidad de Santiago de Compostela. La entidad está presidida por Emi Vázquez Lage. La vicepresidenta es Fátima Lucio.

Ver máis...

ROTEIRO CARTOGRÁFICO


Onde estivo a Sociedade?

Explora o mapa interactivo da SXGQ para ver os lugares que visitamos ao longo dos anos. Cada marcador identifica un Obradoiro, con cores que indican as diferentes datas dende o inicio da nosa traxectoria. Bótalle unha ollada ao noso percorrido e descobre onde deixamos pegada!


Queres ver o teu instituto no noso mapa?

Contacta connosco

CONTACTA CONNOSCO


Escoitámoste

Gustaríache ter un Obradoiro no teu colexio? Tes algunha idea, comentario ou suxerencia que poidamos satisfacer? Quererías entrar a formar parte do noso equipo para participar nas actividades dende dentro? Para calquera cousiña que desexes, podes poñerte en contacto connosco a través deste formulario (ou escribindo directamente a sxgquimica@gmail.com se o prefires).

Sentímolo moito, pero actualmente estamos á capacidade máxima para os Obradoiros do actual curso académico. As novas solicitudes recibidas serán consideradas para despois de xuño de 2025. Moitas grazas pola vosa comprensión!

Estou de acordo con que a SXGQ empregue a miña dirección de email para poñerse en contacto conmigo.

Cando nos envías unha mensaxe a través deste formulario, o teu nome e dirección de email empréganse exclusivamente para que podamos poñernos en contacto contigo e contestarche. Aquí tes dispoñible a nosa política de privacidade, por se queres ler máis.

A NOSA HISTORIA


A través desta sección, queremos render homenaxe ás persoas que foron parte das nosas directivas dende a nosa fundación no ano 2016. Unha ollada ás diferentes xeracións que fixeron posible a evolución da nosa Asociación.


...

Emi V. Lage

Presidente

...

Fátima Lucio

Vicepresidenta

...

Roi López

Secretario

...

Jorge Pedreira

Tesoureiro

...

David Bugallo

Vogal

...

Miguel Cuerva

Vogal

...

David Fernández

Vogal

...

Raquel Vázquez

Vogal

...

Óscar Iglesias

Presidente

...

David Fernández

Vicepresidente

...

David Bugallo

Secretario

...

Damián Padín

Tesoureiro

...

Sabela Quiroga

Vogal

...

Marta Pazos

Presidenta

...

Roi López

Vicepresidente

...

Álvaro Velasco

Secretario

...

Sergio Otero

Tesoureiro

...

Nuria Martínez

Vogal

...

Jesús Bello

Presidente

...

Noemí Alonso

Vicepresidenta

...

Adriana Barros

Secretaria

...

Martín Durán

Tesoureiro

...

Damián Padín

Vogal

...

David Fernández

Vogal

...

Isabel Velo

Vogal

...

Nuria Vázquez

Vogal

...

Jesús Bello

Presidente

...

Isabel Velo

Vicepresidenta

...

Adriana Barros

Secretaria

...

Ana López

Tesoureira

...

David Fernández

Vogal

...

Óscar Iglesias

Vogal

...

Roi López

Vogal

...

Adriana Barros

Presidenta

...

Ana López

Vicepresidenta

...

Yeray Folgar

Secretario

...

Ana Seijas

Tesoureira

...

Alfonso Cabezón

Vogal

...

Alejandro Rodríguez

Vogal

...

Yeray Folgar

Presidente

...

Alejandro Rodríguez

Vicepresidente

...

Patricia Fulias

Secretaria

...

Ana Seijas

Tesoureira

...

Adriana Barros

Vogal

...

Bea Lista

Vogal

...

Marta Vélez

Vogal

...

Sergio Serantes

Vogal